Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2015/078-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: reforma LMT XIN805, XIN809 e XIN812.

Situación: Xinzo de Limia.

Características técnicas:

• Reforma LMT DC2, XIN805 e XIN812. Liña eléctrica aerosubterránea a 20 kV, de 258 m en subterráneo condutor RHZ1, e 64 m en aéreo, condutor LA 110/116 mm², con orixe no CT 32CI89-CCL-Xinzo e remate do tramo soterrado en poste proxectado de chapa CH-7000-16 con PAS, e do treito en aéreo no apoio existente CH-1000-13P (cruzamento río).

• Reforma LMT XIN809. Liña eléctrica aerosubterránea a 20 kV, de 260 m en subterráneo, condutor RHZ1, e 74 m en aéreo, condutor LA 110/116,2 mm² e, con orixe no CT 32CI89-CCL-Xinzo e remate do tramo soterrado en poste proxectado C-4500-14 con PAS, e do treito en aéreo en apoio de celosía existente (cruzamento río).

Orzamento: 84.486,28 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 30 de novembro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense