Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 2015/544-1).

Número de expediente: IN407A 2015/544-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT MEA-815 Castiñeira-Pedrouzos.

Concello: Cariño.

Características técnicas:

Reforma da liña de media tensión MEA-815 entre os apoios nº 87 e nº 88 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,080 km, coa orixe no apoio nº 87 existente da LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT e. bombeo a Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT Cañotas (expediente 34059), en condutor tipo LA-110 mm2 Al e final no apoio nº 88 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT e. bombeo a Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT Cañotas (expediente 34059).

Reforma da liña de media tensión MEA-815 entre os apoios nº 97 e nº 96 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,028 km, coa orixe no apoio nº 97 existente da LMT MEA-815, onde se realiza a derivación ao CT Sagrón (expediente 29133), en condutor tipo LA-110 mm2 Al e final no apoio nº 96 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT e. bombeo a Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT Cañotas (expediente 34059).

Reforma da liña de media tensión MEA-815 entre os apoios nº 96 e 96/1 (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, coa orixe no apoio nº 96 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT e. bombeo a Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT Cañotas (expediente 34059), en condutor tipo LA-30 mm2 Al (para retensar), e final no apoio nº 96/1 existente da LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT Cañotas (expediente 34059).

Liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 1,139 km, coa orixe no paso aéreo a subterráneo para realizar no apoio nº 88 proxectado para intercalar na LMT MEA-815, no tramo entre a derivada ao CT e. bombeo a Ortigueira (expediente 16/97) e a derivada ao CT Cañotas (expediente 34059), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al e final en cela de liña proxectada para instalar no CT Pedrouzos (expediente 5365).

Nova cela de liña no CT Pedrouzos (expediente 5365), cunha potencia de 400 kVA (transformador existente).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña