De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 1 de decembro de 2015, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a supresión da vía entre a PO-410 e a rúa A Toxa, concello do Porriño.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental