Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 17 de setembro de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 510, sito na Cañiza, relativo ao proxecto 00498 (expediente 2009/006297).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a Antonio Fernández González o acordo do 17 de setembro de 2015, que fixa o prezo xusto do predio número 510, sito na Cañiza, relativo ao proxecto 00498, expediente 2009/006297, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00498 acondicionamento da estrada Po-406. Treito: A Cañiza-Filgueira. Clave Po/01/62.1.

Nº de expediente: 2009/006297.

Persoa a quen se vai notificar: Antonio Fernández González.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiado: Antonio Fernández González.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio núm.: 510.

Concello: A Cañiza.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 842,78 €.