Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48136

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO para a licitación dun contrato de xestión de servizo público, por procedemento aberto con varios criterios de adxudicación, baixo a modalidade de concesión, que ten por obxecto o ciclo integral da auga (expediente SEP 02/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Carballo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Concello de Carballo, Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: praza do Concello s/n.

3º. Localidade e código postal: 15100 Carballo.

4º. Teléfono: 981 70 41 00.

5º. Telefax: 981 70 28 58.

6º. Correo electrónico: infocarballo@carballo.org

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.carballo.org

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 13.00 horas do día anterior ao de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: SEP 02/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de xestión de servizo público.

b) Descrición: contratación da xestión do servizo público, baixo a modalidade de concesión administrativa, que ten por obxecto o ciclo integral da auga no concello de Carballo.

c) Lugar de execución: termo municipal de Carballo.

d) Prazo da concesión: vinte (20) anos.

e) Admisión de prórroga: si (5 anos máis).

f) Establecemento dun acordo marco: non.

g) CPV:

90000000-7

90112300-8

65100000-4

90100000-8

90113000-2

65110000-7

90110000-1

90114000-9

65111000-4

90111000-8

90115000-6

65120000-0

90111100-9

7135400-8

65130000-3

90112200-7

71353100-8

65500000-8

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

Criterios de adxudicación cuantificables mediante a aplicación de fórmulas aritméticas:

Puntuación máxima

Criterio 1

Menor custo total unitario da explotación do CIA (ciclo integral da auga) e a súa repercusión na cota das tarifas

Ata 27 puntos

Criterio 2

Canon inicial anticipado

Ata 20 puntos

Criterio 3

Melloras ofertadas aos servizos

Ata 13 puntos

Puntuación total criterios 1 ao 3:

60 puntos

Criterios de adxudicación cuxa cuantificación depende dun xuízo de valor dun comité de expertos:

Puntuación

Criterio 4

Proxecto de organización dos servizos

Ata 22 puntos

Criterio 5

Metodoloxía de xestión e mellora dos servizos

Ata 14 puntos

Criterio 6

Plan de información e sensibilización cidadá en relación co ciclo integral da auga que a concesionaria desenvolverá

Ata 4 puntos

Puntuación total criterios 4 ao 6:

40 puntos

Puntuación total criterios 1 ao 6:

100 puntos

Limiar mínimo de puntuación: (cláusula 10.1 del PCAP)

Non continuarán no proceso selectivo aquelas ofertas que non alcancen polo menos o 50 % da puntuación máxima establecida nos criterios a que se refire o sobre B, cuxa valoración depende dun xuízo de valor.

Criterio de desempate:

Serán criterios de desempate os sinalados na cláusula 11 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: (vér cláusula 6 do PCAP).

Valor anual (Va):

1.787.129,85 €

IVE: 178.712,99 €

Total: 1.965.842,84 €

Valor total contrato (Vt):

25 anos (20 anos+5)

44.678.246,25 €

IVE: 4.467.824,62 €

Total: 49.146.070,87 €

Tipo de licitación:

Canon de explotación inicial anticipado.

Tipo mínimo de licitación (cláusula 7.1 PCAP):

2.000.000 €

Non será admitida ningunha oferta por debaixo desta cantidade

Custo total unitario da explotación do ciclo integral da auga

Custo máximo que ofertarán os licitadores (cláusula 7.2 PCAP):

1,57 €/m3

Non será admitida ningunha oferta por encima desta cantidade

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do valor total do contrato ofertado polo adxudicatario (IVE excluído) segundo o establecido na cláusula 21.1 do PCAP.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: a sinalada na cláusula 12.3 do PCAP.

b) Solvencia técnica e profesional: a sinalada na cláusula 12.4 do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o anuncio de licitación será publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), no Diario Oficial de Galicia (DOG), no Boletín Oficial da provincia (BOP) e no perfil do contratante do Concello de Carballo. As proposicións presentaranse en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas (os sábados das 9.00 ás 13.00 horas), dentro do prazo de corenta (40 días) naturais contados desde a última das publicacións do anuncio nos boletíns ou diarios oficiais citados.

b) Modalidade de presentación: a documentación presentarase en tres sobres pechados que conterán:

Sobre A) subtitulado «Documentación xeral».

Sobre B) subtitulado «Referencias técnicas dos criterios non avaliables mediante cifras ou porcentaxes».

Sobre C) subtitulado «Referencias técnicas e económicas dos criterios avaliables mediante cifras ou porcentaxes».

c) Lugar de presentación:

a) Dependencia: Concello de Carballo.

b) Domicilio: praza do Concello s/n.

c) Localidade e código postal: 15100.

d) Enderezo electrónico: infocarballo@carballo.org

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Carballo.

b) Enderezo: praza do Concello s/n.

c) Localidade e código postal: 15100 Carballo.

d) Data e hora: realizarase no lugar, no día e nas horas que se indique no perfil do contratante do Concello.

9. Gastos de publicidade:

Os gastos correspondentes aos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 4.000 € (cláusula 36 do PCAP).

Carballo, 16 de decembro de 2015

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde