Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48083

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015 pola que se anuncia a contratación do servizo de xestión e certificación da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e o marisqueo (PescadeRías ¿de onde se non?), procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) nun 75 % (expediente 1/2016, 2 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: realizar a xestión e as auditorías da marca de calidade dos produtos da pesca artesanal e o marisqueo PescadeRías ¿de onde se non?.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: xestión da marca de calidade. Lote 2: auditoría da marca de calidade.

d) Prazo de execución: 24 meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: lote 1: 72224000-1 e lote 2: 79212100-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, como gasto anticipado e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos na letra N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 280.000 €; IVE (21 %): 58.800 €. Importe total: 338.800 €.

Valor estimado: 560.000 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 7.1) nun 75 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: para cada un dos lotes 1 e 2 constituirase unha garantía definitiva por contía do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 981 54 40 46 (consultas administrativas); 981 54 62 61 e 981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23701

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 11 de xaneiro de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do día 20 de xaneiro de 2016. A apertura dos sobres C terá lugar en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil de contratante do órgano de contratación.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de decembro de 2015. Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6 de novembro de 2015.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar