Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 23 de decembro de 2015 Páx. 48071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 11 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente sancionador por infracción na orde social 16/2014.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O interesado dispón dun prazo de oito días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditado perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días desde a data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.

O expediente relacionado está á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 11 de decembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Limpiezas Lucus, S.L.

Rolda da Muralla, 188, entresollado 4 27001 Lugo

B27395896

16/2014