Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47859

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (333/2014).

Adriana Álvarez Gorgojo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, polo presente edicto certifico que no procedemento ordinario 333/2014 seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A., fronte a Enrique Pérez García, Colmar, C.B., Soledad García Novas, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza: 102/2015.

En Pontevedra, 13 de xullo de 2015.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra, tendo visto os presentes autos de xuízo ordinario 333/2014, seguidos por instancia de Recreativos Mafari, S.A., representada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e defendida polo letrado José Cuíñas Rodríguez, contra Colmar, C.B., contra Enrique Pérez García e contra Soledad García Novás, esta última representada polo procurador Senén Soto Santiago e defendida pola letrada Beatriz Figueroa Pérez, ditou, en nome de S.M. o rei, a seguinte

Resolución

Que, estimando a demanda presentada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Recreativos Mafari, S.A., contra Colmar, C.B., Enrique Pérez García, en situación procesual de rebeldía, e contra María Soledad García Novás, representada por el procurador Senén Soto Santiago, debo:

1. Declarar resolto o contrato de data do 8 de maio de 2012 celebrado entre Recreativos Mafari, S.A. e Colmar, C.B., representada por Enrique Pérez García.

2. Condenar a Enrique Pérez García a pagar a Recreativos Mafari, S.A. a cantidade de 16.610 euros.

As custas procesuais causadas pola presentación da demanda contra Enrique Pérez García impóñense a este último.

Desestímase a demanda presentada contra María Soledad García Novás, sen imposición das custas procesuais.

Cada parte aboará as custas causadas a súa instancia e as comúns, pola metade.

Notifíquese esta demanda ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación, que se formalizará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, logo de depósito da cantidade de 50 euros na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, encontrándose os demandados Enrique Pérez García e Colmar, C.B., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 17 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza