Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2015/169-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 16, do 19 de xaneiro, e BOE nº 30, do 4 de febreiro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 4 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (IN407A 2015/169-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2015/169-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS SMR-712/SMR-713, r/ Instituto.

Concello: Ferrol.

Nº predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml aéreo

ml sub.

m2 aéreo

m2 sub.

1

Casquido

Solo urbano

Descoñecido

67,0

201,0