Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47687

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de aprobación definitiva de expediente de modificación de créditos.

En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 179.4 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ao non terse presentado alegacións durante o prazo de exposición ao público, quedou automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario de aprobación inicial da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, adoptado en sesión plenaria que tivo lugar o día 13.10.2015, de modificación de créditos (transferencia de créditos), o que se fai público co seguinte detalle:

Aplicación

Descrición

Aumento

Diminución

912-226

Atencións protocolarias e representativas

2.000,00 €

241-160

Cotas sociais

446,04 €

241-131

Laboral temporal

96,93 €

432-226

Gastos diversos

2.542,97 €

Total

2.542,97 €

2.542,97 €

O Pino, 24 de novembro de 2015

Manuel Taboada Vigo
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés