Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47594

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 30 de novembro de 2015 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación dun doutor, mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica financiados polo Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria, para o proxecto de bases fenotípicas e moleculares e a súa asociación xenética para o desenvolvemento de material vexetal de mellora utilizado na obtención de híbridos de millo forraxeiro con alto potencial de biomasa nas zonas húmidas de España (RTA2012-00100-0000).

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web: http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun doutor mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica financiados polo INIA na convocatoria 2012 dentro do subprograma de proxectos de investigación fundamental orientada aos recursos e tecnoloxías agrarias para o proxecto de bases fenotípicas e moleculares e a súa asociación xenética para o desenvolvemento de material vexetal de mellora utilizado na obtención de híbridos de millo forraxiero con alto potencial de biomasa nas zonas húmidas de España». RTA2012-00100-0000.

O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria