Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de decembro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra o Acordo do 15 de abril de 2015, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa interesada ausente na repartición (expediente PON/354/2014-X1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 11 de novembro de 2015 ditou resolución pola que non se admite por extemporáneo o recurso de reposición interposto por Inés García Sangiao contra o arquivamento das actuacións informativas acordado o 15.4.2015 pola xefa do Servizo Provincial de Pontevedra da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dun galpón, no lugar de Piso, 19, Arcos de Furcos, no termo municipal de Cuntis, Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Inés García Sangiao, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística