Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 17 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso).

O acordo de concentración parcelaria da zona de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso, A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia o 12 de novembro de 2009, publicado e notificado na forma legalmente establecida, e na actualidade está pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Santiso solicitou a cesión da titularidade dos predios para os fins que se indican a continuación:

• Predio 137, para depósito de auga.

• Predio 225, para área de lecer dos veciños de Pezobrés.

• Predio 270, para depósito de auga para veciños de Pezobrés.

• Predio 282, para cemiterio.

• Predio 284, para aparcadoiro.

• Predio 385, para campo da festa de San Benito.

• Predio 492, para ampliación de lavadoiro.

• Predio 597-1, para cemiterio de Liñares.

• Predio 702, para aparcadoiro da igrexa de Liñares.

• Predio 768, para saneamento de Liñares.

• Predio 831, para ampliación do cemiterio de Novela.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os que se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1º. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso, A Coruña), e adxudicar ao Concello de Santiso a titularidade dos predios 137, 225, 270, 282, 284, 385, 492, 597-1, 702, 768 e 831, que causan baixa no fondo de terras da zona, para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2º. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o fondo de terras da zona, o Patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3º. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Santiso.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio ou da recepción da comunicación, segundo o caso.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña