Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 59-2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, nos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober, polo procedemento aberto e tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 59-2015.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, nos concellos de Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 145.720,50 € (IVE incluido).

1.5. Formalización.

a) Data: 5.11.2015.

b) Contratista: Geriatros, S.A.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 145.720,50 € (IVE incluido).

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

P.D. (Orden 19.8.2009, DOG núm. 251, do 31 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social