Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 26 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2004/0358-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan a resolución recaída solidariamente no expediente sancionador correspondente.

Dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2004/0358-4.

Acta: 385/2004.

Materia: seguridade e saúde.

Empresa: Construções Luz do Lima, Lda.

NIF: 505858460.

Enderezo: Sabadão, Arcozelo, Ponte de Lima, Portugal.

Empresa: La Marmifera, S.L.U.

NIF: B-36387363.

Enderezo: r/ Alfredo García Alén, 8, Pontevedra.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; artigos 14 e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 9, anexo III, do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de equipamentos de protección individual.

Preceptos sancionadores: artigos 10.4, 12.16.f), 39.3.a) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 7.9.2015.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción número 385/2004 e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 26 de outubro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra