Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros, promovido polo Concello de Oleiros (expediente 2015AAE1820, código 1732/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 16 de novembro de 2015 sobre a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave .

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental