Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de instalación e montaxe para a creación de sete espazos de innovación dentro do proxecto Innova-Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais, cofinanciado nun 80% por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade (expediente NB-SER1-15-052).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER1-15-052.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de instalación e montaxe para a creación de sete espazos de innovación dentro do proxecto Innova-Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 71241000-9.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

4. Valor estimado do contrato: 140.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 140.000 euros. Importe total: 169.400 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29.10.2015.

b) Data de formalización do contrato: 3.11.2015.

c) Contratista: Suministros Técnicos de Galicia, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 139.000 euros. Importe total: 168.190 euros.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos