Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada (expediente 5/2015/CNTOB).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

Adaptación das instalacións portuarias ao código PBIP.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 5/2015/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23179

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: adaptación das instalacións portuarias ao código PBIP.

c) Medio de publicación do anuncio de adxudicación: perfil do contratante

d) Data de publicación do anuncio de adxudicación: 12 de novembro de 2015.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade e sistema unicriterio (prezo).

4. Valor estimado do contrato.

199.434,85 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 199.434,85 euros. Importe total: 241.316,17 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 12 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 4 de decembro de 2015.

c) Contratista: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 184.257,85 euros. Importe total: 222.952,00 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia