Mediante a Resolución do 3 de xuño de 2014 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 108, do 9 de xuño). As ditas bases foron modificadas mediante a Resolución do 27 de abril de 2015 (DOG núm. 82, do 4 de maio) e mediante Resolución do 10 de setembro de 2015 (DOG núm. 178, do 17 de setembro).
Inicialmente o crédito ascendía a 8.000.000 € e incrementouse a 10.391.416,09 € mediante a Resolución do 10 de setembro de 2015 (DOG núm. 178, do 17 de setembro).
O éxito que está tendo este programa para o financiamento das pemes galegas, tanto polo impacto económico posto de manifesto como polo número de solicitudes que o Igape recibe, aconsella ampliar o crédito dispoñible para 2015.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Amplíase para o exercicio 2015 o crédito establecido na partida orzamentaria 08.A1.741A.8310 en 8.768.354,04 € das bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que queda establecido do seguinte xeito:
Ano |
Importe (€) |
2015 |
10.568.354,04 |
2016 |
891.416,09 |
Total |
11.459.770,13 |
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica