Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/89-2, 8282 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: soterramento entrada MT-LP sector 6-deriv. CTC Herrero 13265.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Liña alta tensión aérea a 20 kV sector 6, na cal se substitúe o apoio P2-HV 630-13 existente por un apoio metálico C-4500-14, desmontaxe de 59 metros de condutor LA-30 e se tenden 27 metros de condutor novo tipo LA-56.

2. Liña de alta tensión subterránea a 20 kV con orixe no paso aéreo a subterráneo situado no apoio metálico proxectado e final na conversión aéreo a subterránea situada na fachada do centro de transformación de caseta Herrero, cunha lonxitude de 56 metros en condutor tipo RHZ1-150 mm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 25 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo