Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2015/400-1).

Número de expediente: IN407A 2015/400-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT Parque Ofimático

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Desmantelamento tramo liñas eléctricas de media tensión aérea EIR-712 e EIR-721, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,900 km, con orixe no apoio nº D1 de celosía metálica existente para retirar do dobre circuíto que forman as liñas EIR-712 e EIR-721 (expediente 13674), en condutor LA-180 mm2 Al (condutor para retirar) e final no apoio nº D10 de celosía metálica existente que cómpre retirar do dobre circuíto que forman as liñas EIR-712 e EIR-721 (expediente 13674).

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,593 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de Eirís (expediente 28910), condutor tipo RHZ1-2OL (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS EIR-721, no tramo entre a subestación de Eirís (expediente 28910) e o CD servizos comúns.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,221 km, con orixe en cela de liña existente na subestación de Eirías (expediente 28910), condutor tipo RHZ1-2OL (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS EIR-712, no tramo entre a derivada ao CT Alfonso Molina (expediente 29192) para retirar e o CR Continente (expediente 50927).

Liñas de baixa tensión subterráneas do CT Continente, cunha lonxitude de 0,068 km, con orixe no CT Continente, en condutor XZ1 e final en paso de subterráneo a aéreo que se realizará en estrutura de ponte.

Liñas de baixa tensión aéreas, con orixe no paso de subterráneo a aéreo que se realizará en estrutura de ponte, cunha lonxitude de 0,052 km, en condutor RZ e final en enlace coa RBT aérea existente do CT Alfonso Molina (expediente 29192) para retirar.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña