Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, trámite ordinario e anticipado de gasto, do contrato de servizo de clave PO/12/070.01.2 e dous máis.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 49 86.

5º. Telefax: 981 54 47 91.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición: contrato de servizo para a realización de labores de seguridade e saúde da obra: conversión en autovía do corredor CG-4.1, subtreito II: p.q. 3+250-7+300.

Clave do expediente: PO/12/070.01.2. Referencia: AT/019/2015.

Orzamento base de licitación: 50.456 €, sen IVE. IVE 10.595,76 €. Importe total 61.051,76 €.

Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, se é o caso): 58.024,40 €.

Prazo de execución: 20 meses. Prórroga 10 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23776

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

b) Descrición: contrato de servizo para a execución do control e vixilancia ambiental da obra conversión en autovía do corredor CG-4.1. subtreito II: p.q. 3+250-7+300.

Clave do expediente: PO/12/070.01.2. Referencia: AT/021/2015.

Orzamento base de licitación: 65.926 €, sen IVE. IVE 13.844,46 €. Importe total 79.770,46 €.

Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, se é o caso): 75.814,90 €.

Prazo de execución: 20 meses. Prórroga 10 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23777

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

c) Descrición: contrato de servizo para o control e vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: fomento da mobilidade sustentable. Mellora da seguridade viaria en itinerario peonil e ciclista na PO-308 (p.q. 25+200 ao 27+970).

Clave do expediente: PO/15/052.06. Referencia: AT/022/2015.

Orzamento base de licitación: 101.507 €, sen IVE. IVE 21.316,47 €. Importe total 122.823,47 €.

Cantidade ou extensión global do contrato (incluídos todos os lotes, renovacións e opcións, se é o caso): 115.240,30 €.

Prazo de execución: 17 meses. Prórroga 8 meses.

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23778

División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Garantía definitiva: segundo o especificado na letra H do cadro de características.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

b) Solvencia económica e financeira: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.1 e 3.3.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, e a letra J do cadro de características deste.

c) Solvencia técnica: acreditarase segundo o establecido na cláusula 3.3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares, punto K do cadro de características.

d) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo de Santiago de Compostela e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2º. Domicilio: Edificios Administrativos San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dos (2) meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e hora que será anunciada no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 2 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Se por algún motivo houbese que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C reflictirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/ .

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 3.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no Diario Oficial de Galicia: por liña 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas