Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo para a realización de semanas Gemba Kaizen dentro do convenio Innova Saúde establecido co Ministerio de Economía e Competitividade, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, PO tema 04 (expediente AB-SER1-15-050).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-050.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a realización de semanas Gemba Kaizen dentro do convenio Innova Saúde establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade, subproyecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72224000-1.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 80.400 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 80.400 euros. Importe total: 97.284 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4 de novembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 6 de novembro de 2015.

c) Contratista: Everis Spain, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 68.000 euros. Importe total: 82.280 euros.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos