Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de decembro de 2015, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes por non ocupación e falta de pagamento 10/15 e un máis.

Por non ser posible a notificación persoal ao ser descoñecidos os domicilios das interesadas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración, públicas e do procedemento administrativo común, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de editos único (TEU) do BOE, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcurrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 3 de decembro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Desafiuzamento: 10/15.

Interesada: Begoña Mª Freire Lorenzo.

Desafiuzamento: 12/15.

Interesada: Mª Isabel González Sampedro.

Acto notificado: resolución do procedemento de desafiuzamento por non ocupación e falta de pagamento.