Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 17 de decembro de 2015 Páx. 47236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 18 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de emenda da solicitude para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia por comparecencia.

De conformidade cos artigos 58, 59.5 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de que se tentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas do requirimento de emenda da solicitude para a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Alcalde Hevia, 7, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación. A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 18 de novembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Credencial

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

72849

Orestes David Oblitas Díaz

Y2999995G

Torrecedeira, 76, 5º B

36202

Vigo

73152

Pabo Nemy Rodrigues Marreiro

X5578107D

Juan Bautista Andrade, 60, 2º I

36005

Pontevedra