Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Gudiña (expediente IN407A 2015/69-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Manuel Luis Rodríguez Yáñez.

Domicilio social: Cima da Aldea, 26, 32540 A Gudiña.

Denominación: LMT, CT granxa de porcino no lugar de Bencoelle, A Gudiña.

Situación: A Gudiña.

Características técnicas:

LMT aérea a 15 kV de 123 m, con condutor LA-56 e orixe na LMT SAG702-A Gudiña Penouta e remate no CT proxectado intemperie no lugar de Bencoelle de 50 kVA e R/T 20.000/430-230 V.

Orzamento: 13.710,58 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 14 de outubro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense