Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47049

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado que analizará e valorará as solicitudes das entidades que aspiran aos Premios Coopera Galicia Entidades Locais correspondentes ao ano 2015.

En virtude da habilitación conferida pola disposición derradeira segunda da Orde do 30 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais 2015, para impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal, mediante a distinción pública dos proxectos piloto de xestión compartida de servizos promovidos por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 152, do 12 de agosto), e de conformidade co establecido nos artigos 2.5, 4.6 e 7 da mesma orde, en relación coa composición do xurado encargado da análise e selección das solicitudes

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes que concorren aos Premios Coopera Galicia Entidades Locais correspondentes ao ano 2015 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015

José Alberto Pazos Couñago
Director xeral de Administración Local

ANEXO
Xurado

Presidente: José Alberto Pazos Couñago, director xeral de Administración Local.

Vicepresidente: Alfredo García Rodríguez, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Vogais:

Darío Campos Conde, presidente da Deputación Provincial de Lugo, por designación da Fegamp, en representación das deputacións provinciais.

Alfonso Villares Bermúdez, alcalde do Cervo, por designación da Fegamp.

Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño, por designación da Fegamp.

Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola Galega de Administración Pública, designada pola Dirección Xeral de Administración Local.

José Manuel Pardellas Rivera, funcionario da Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de Intervención-Tesouraría, categoría superior, designado pola Dirección Xeral de Administración Local.

Secretaria: Raquel Bahillo Varela, subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais da Dirección Xeral de Administración Local, que actuará con voz e sen voto.