Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47076

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoría pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade no Hospital da Costa.

Convocada por Resolución do 12 de febreiro de 2015 (DOG núm. 47, do 10 de marzo), a provisión de dous postos de supervisor/a de unidade para o Hospital da Costa, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cero e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de Unidade de Urxencias para o Hospital da Costa.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O profesional nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días seguintes ao da publicación desta resolución.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, e no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lugo, 24 de novembro de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: supervisora de Unidade de Urxencias.

Nome e apelidos: Dorotea Gómez Fernández.

NIF: *****258D (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os dereitos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.