Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 26 de outubro de 2015, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores de Vilaboa para a modificación substancial da concesión administrativa de ocupación dun edificio de aseos e vestiarios, co obxecto de incluír o uso de garaxe para vehículos.

José González Martínez solicita, en nome e representación da Confraría de Pescadores de Vilaboa, a modificación substancial da concesión administrativa para a ocupación dun edificio de aseos e vestiarios co obxecto de incluír o uso de garaxe para vehículos da súa propiedade asignados ao servizo de marisqueo, segundo o proxecto básico e de execución de cambio de uso de vestiarios para usos pesqueiros e vestiarios.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 26 de outubro de 2015

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia