Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 47033

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pazos de Borbén

ANUNCIO de modificación do Plan parcial de solo industrial en Amoedo (SAU 1).

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan parcial de solo industrial en Amoedo (SAU I), por resolución da Alcaldía do 12 de novembro de 2015, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado/a nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Pazos de Borbén, 13 de novembro de 2015

Andrés Iglesias Rodríguez
Alcalde