Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 47017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 2 de decembro de 2015 polo que se notifica a resolución de adxudicación do contrato de coprodución dun espectáculo de danza tradicional galega (expediente PN 1/2015).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Henrique Peón Mosteiro, a quen non se lle puido facer por correo certificado, a resolución a resolución de adxudicación do contrato de coprodución dun espectáculo de danza tradicional galega, expediente PN 1/2015. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Departamento de Xestión da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

Jacobo Sutil Nesta
Director da Agencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Nº de expediente: PN 1/2015.

Interesado: Henrique Peón Mosteiro.

Último enderezo coñecido: rúa Santa Cruz, 196, 15830 Oza-Cesuras (A Coruña).

Resolución notificada: resolución de adxudicación.