Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 47015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0311/2015-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0311/2015-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal nº 2-5º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e a constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 1 de decembro de 2015

P.D. (Resolución do 20.11.2015)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0311/2015-PPM.

Persoa interesada: Alfonso Quintáns Varela.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: Feáns 42 A, A Coruña.