Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 47008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de novembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado ampliación do Mouzón, a favor dos veciños de Fervenza e O Meiral, na parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello do Barco de Valdeorras.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 4 de novembro de 2015, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Analizada a descrición do perímetro da carpeta ficha do monte Mouzón e o esbozo que o representa graficamente advírtense diferenzas na súa interpretación. No linde do monte polo oeste, no punto 3.4 da carpeta ficha, lese que esta vai desde o alto de Monzón seguindo a liña do concello de Vilamartín ata os predios particulares e segue polo norte bordeando segundo a poligonal deses predios ata O Regueiro de Fervenza. No esbozo da carpeta ficha esta estrema non se achega ata os predios particulares, quedando a liña do perímetro por este lado máis atrasada.

A solicitude de clasificación, no que afecta á ampliación da parcela Monzón, podería incorrer nunha dobre clasificación polo que o Xurado Provincial interpreta a solicitude de ampliación desta parcela como unha revisión de esbozo do monte Mouzón xa clasificado e considera como nova clasificación outra parcela denominada ampliación do Mouzón.

Como conclusión, a clasificación de varias parcelas como monte veciñal desdóbrase, por un lado, nunha revisión de esbozo do monte Mouzón (A) e, por outro, nunha nova clasificación (B).

Como consecuencia da revisión do esbozo, o monte Mouzón xa clasificado incrementaría a súa superficie e quedaría formado polas seguintes parcelas catastrais:

Concello

Datos catastrais

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Barco de Valdeorras

48

954

Monte de Arnado

194.184

9003

Camiño público

3.500

49

513

Monte Mouzón

978.004

9008

Camiño público

4.200

9009

Camiño público

400

53

9002

Camiño público

4.500

2 (parte)

Monte Xigua

28.000

54

237

Lombeiro

49.958

256

Lombeiro

411.316

266

Lombeiro

126.753

9011

Camiño público

2.200

9012

Camiño público

500

9013

Camiño público

3.000

9014

Camiño público

1.300

Superficie total

1.807.815 m2

180,78 ha

As estremas quedarían definidas como segue:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste); do polígono 48 as parcelas: 9001, 955 e 956.

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Do polígono 48 as parcelas: 957, 9001, 783, 782, 925, 749, 748, 747.

Do polígono 49: 9003, 184, 183, 507, 201, 202, 203, 509, 510, 511, 256, 257, 258, 259, 263, 262, 270, 264, 265, 267, 266, 268, 533, 271, 272, 274, 275, 276, 277, 278, 292, 512, 295, 387, 388, 389, 390, 391, 392, 393, 394, 396, 397, 416, 415, 414, 413, 417, 421, 422, 487, 486, 485, 484, 522, 483, 523, 482, 481, 480, 478, 477, 476, 475, 474, 470, 456, 455, 453, 452, 449, 448, 9008, 447.

Do polígono 54: 869, 867, 825, 818, 817, 812, 811, 810, 807, 808, 809, 798, 796, 772, 9012, 9013, 720, 721, 722, 723, 724, 725, 726, 727, 728, 731, 732, 733, 734, 735, 9011.

Do polígono 53: 1.

Sur: intersección dos concellos: O Barco de Valdeorras, A Veiga e Petín.

Oeste: liña dos concellos de Petín e Vilamartín de Valdeorras.

B. Considérase coma nova clasificación:

Denominación do monte: ampliación do Mouzón.

Superficie: 90.640,72 m2 (aprox. 9,06 ha).

Pertenza: CMVMC de Fervenza e O Meiral.

Parroquia: Santa Mariña do Monte.

Concello: O Barco de Valdeorras.

1. Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Barco de Valdeorras

50

1398

Coral

15.130

15.130

1397

Coral

34.648

34.648

1820

Campo da Parada

3.391

3.391

9002

Camiño público

3.482

54

446

Pendón

17.139

17.139

445

Pendón

15.667

15.667

9002

Camiño público

1.119

Superficie para clasificar

90.576 m2

9,06 ha

2. Estremas.

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a este); do polígono 50, as parcelas: 9003 (camiño), 1750, 1759.

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Do polígono 50: 9003 (camiño), 1758, 9006 (camiño), 9007 (camiño).

Do polígono 54: 9002 (camiño).

Sur (parcelas catastrais enumeradas de este a oeste).

Do polígono 54: 1080, 212, 433, 434, 1077, 1076, 436, 480, 482, 1002, 542, 9002 (camiño).

Do polígono 50: 9004, 1754, 1755, 1756, 9001 (río).

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte); do polígono 50: 9001 (río), 658.

3. A clasificación destes terreos non afecta ningún monte veciñal en man común dos clasificados ata a data, nin dos que están en trámites de clasificación. Non invaden montes catalogados de utilidade pública, montes cualificados como protectores ou con outras figuras de especial protección. E non están afectados por consorcios ou convenios para a xestión forestal pública.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que consideren convenientes así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 24 de novembro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense