Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 47024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2015 pola que se notifica requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento de armadores número 21 do porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Hilario Díaz Rodríguez, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento de armadores número 21 do porto de Burela, por non ser posible a notificación a través del servizo de Correos no último domicilio coñecido sito na rúa Vilar, número 45, de Burela, provincia de Lugo.

Segundo informe da Xefatura da Zona Norte, o departamento está ocupado sen autorización, unha vez vencida e non renovada a autorización outorgada no ano 2012, sen que sexa posible outorgar nova autorización dada a existencia de débedas en concepto de taxas portuarias, motivo polo que xa intentou notificar unha orde de desaloxo que foi devolta polo servizo de Correos.

O presente acto administrativo, que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, emítese en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

O departamento deberá de ser abandonado nun prazo máximo de 10 días contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia