Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46881

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan xeral de ordenación municipal para a delimitación do núcleo rural de Río Mouro.

O Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria realizada o 27 de outubro de 2015 e polo voto favorable da maioría absoluta, aprobou inicialmente o expediente de modificación puntual do PXOM de Poio, promovido polo Concello de Poio, para a delimitación do núcleo rural de Río Mouro Pequeno na parroquia de San Xoán redactado por AD Plan Arquitectura Diseño e Planeamento, S.L.P. e asinado polo arquitecto Alfredo Díaz Grande.

O que se somete a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de presentación de alegacións e reclamacións. Este anuncio publicarase simultaneamente en dous xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

Todo isto de conformidade co disposto no artigo 93.4 e disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación e protección da legalidade urbanística.

Poio, 20 de novembro de 2015

Luciano Sobral Fernández
Alcalde