Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto da xestión de residuos non perigosos, procedentes das obras do acceso ao porto de Burela, no lugar das Rozas Vellas, no concello de Foz, promovido pola empresa S.A. de Obras y Servicios Copasa (clave 2015/0055).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de novembro de 2015 relativo á xestión de residuos non perigosos, procedentes das obras do acceso ao porto de Burela, no lugar das Rozas Vellas, no concello de Foz, promovido pola empresa S.A. de Obras y Servicios Copasa (clave 2015/0055).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental