Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de limpeza en varios centros de saúde e puntos de atención continuada (expediente AB-ASF1-16-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

4º. Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-16-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza en varios centros de saúde e puntos de atención continuada dependentes de Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Valoración técnica do proxecto: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 40 puntos.

– Achega de melloras adicionais: ata 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 3.802.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.300.000,00 €; IVE: 273.000,00 €; importe total: 1.573.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso: véxanse os pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 14 de xaneiro de 2016.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: Ferrol, 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, hora e lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (de ser o caso): 23 de novembro de 2015.

12. Outras informacións:

Ferrol, 23 de novembro de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol