Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 25 de novembro de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle notifica á persoa interesada a adxudicación dunha vivenda de promoción pública situada no barrio de Covadonga en Ourense (expediente OU-2006/010, conta 11).

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á interesada, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a adxudicación en réxime de aluguer, dunha vivenda de promoción pública situada no barrio de Covadonga en Ourense.

De conformidade co establecido no artigo 28 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, unha vez aceptada a vivenda adxudicada, deberá achegar a esta unidade administrativa, no prazo de 15 días contados desde o día seguinte ao desta notificación, a documentación xustificativa de ter depositada a fianza arrendaticia, na forma e cos requisitos establecidos na Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, así como tamén o ingreso da cantidade de 250 € en concepto de provisión de fondos para atender os gastos de posta en marcha do edificio e dos distintos servizos comúns de que dispón o grupo de vivendas.

Advírtese que, de non atender este requirimento no prazo indicado, se entenderá que renuncia ao dereito sobre a vivenda, que pasará á situación de vacante e efectuarase a adxudicación a favor da seguinte persoa que figure na lista de espera, seguindo a orde correlativa establecida nesta.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 25 de novembro de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente. OU-2006/010, conta 11.

Nome e apelidos: Liciana Barbosa Da Silva.

DNI: 44659698T

Enderezo: r/Santa Eufemia, nº 5, 1º D, 32005 Ourense.