Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46628

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública de convenio urbanístico (expediente 2015/003.CONV).

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse o 9 de novembro de 2015 con Florencio López Souto o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a obtención de terreos para a realización da obra incluída no POS-2011 denominada beirarrúas enlace avda. Arsenio Iglesias, avda. Caión (expte. 2015/003.CONV).

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido no Departamento de Urbanismo do Concello de Arteixo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e nas dependencias do Rexistro Xeral os sábados das 9.30 ás 13.30 horas, e presentar alegacións se o xulgan oportuno.

Arteixo, 10 de novembro de 2015

P.D. (Decreto 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente