Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46631

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2015 pola que se anuncia a contratación, non suxeita a regulación harmonizada mediante documentación simplificada, do servizo de lavandaría, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-FUS1-15-005).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 74 90/881 54 64 31.

5º. Fax: 881 54 67 28.

6º. Correo electrónico: compras.061@sergas.es

7º. Perfil do contratante: www.sergas.es

c) Número de expediente: AB-FUS1-15-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, reservado a centros especiais de emprego (disposición adicional quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público).

b) Descrición: servizo de lavandaría.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución: 2 anos desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 98300000-6.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Orzamento máximo de licitación:

a) Importe neto: 150.000,00 euros, IVE (21 %) 31.500,00 euros. Importe total: 181.500,00 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: non.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 2, categoría A.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación das solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

2º. Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

3º. Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non.

8. Apertura das ofertas:

a) Dependencia: sala de xuntas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Domicilio: praza Martín Herrera, nº 2, 2º.

c) Localidade e código postal: 15706 Santiago de Compostela.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: ver pregos.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2015

José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061