En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 22 de setembro de 2015, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Conforcos, a favor dos veciños de Quereño e Vilar de Xeos, na parroquia de Quereño, no concello de Rubiá (Ourense), resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 26 de xullo de 2013, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Miguel Díaz Dupont, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común dunha parcela denominada Conforcos.
Segundo. Con data do 19 de febreiro de 2015, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións ás cales fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que conste no expediente, descríbese así:
Concello: Rubiá.
Denominación do monte: Conforcos.
Comunidade veciñal solicitante: Quereño e Vilar de Xeos.
Parroquia: Quereño.
Superficie total: 68.276 m2.
Parcelas catastrais que comprende e superficies:
Concello |
Polígono |
Parcela |
Superficie catastral |
Superficie para clasificar |
Rubiá (74) |
33 |
527 |
68.276 m2 |
68.276 m2 |
Estremas.
Perímetro exterior.
Norte (propietarios enumerados de oeste a leste mediante datos catastrais):
Concello |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
Rubiá |
501 33 |
9.018 528 |
Leste (propietarios enumerados de norte a sur mediante datos catastrais):
Concello |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
Rubiá |
33 |
9.016 |
Sur (propietarios enumerados de leste a oeste):
Concello |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
Rubiá |
33 |
9.008 |
Oeste (propietarios enumerados de sur a norte):
Concello |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
Rubiá |
33 |
348 349 350 359 360 361 9.011 9.000 366 367 618 |
|
Rubiá |
501 33 501 33 501 33 501 |
9.017 245 89 88 86 9.000 9.000 86 382 383 9.018 |
Perímetro interior (encravados):
Concello |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
Rubiá |
33 |
9.000 |
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei: «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común acreditouse mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Conforcos, a favor dos veciños de Quereño e Vilar de Xeos, na parroquia de Quereño, no concello de Rubiá (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 20 de outubro de 2015
Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense