Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Vicedo (expediente IN407A 2015/98-2, 8291 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: Polígono Empresarial As Gándaras, rúa A, parcela U2, Lugo.

Denominación: desvío LMT Riobarba por interseción coas estradas LU-P-6413 e LU-P-6401, en Morgallón.

Situación: concello do Vicedo.

Características técnicas:

1. Desvío da LAT Riobarba a 20 kV con orixe no apoio proxectado tipo C-2000/14-B2 e final no apoio proxectado tipo C-4500/16-B4, cunha lonxitude de 492 metros en condutor tipo LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 18 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo