Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00889-O-2015 e catro máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00889-O-2015 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5-A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00889-O-2015

GI-8532-AK

Garda Civil 2704 N31187R

Maderas Iber Suárez, S.L.

B27411016

R/ Montefaro, 45, 4 J

27003 Lugo, Lugo

A utilización de follas de rexistro dos tempos de condución e descanso non homologadas ou que resulten incompatibles co tacógrafo utilizado.

29.4.2015; 18.36; LU541; 0,0

Art. 141.11 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

OU-00636-O-2015

M-5284-UL

Garda Civil 3201 L82181K

Jaqueline Adriana Macedo

X7290438J

Forro de Arriba

32500 O Carballiño, Ourense

A realización de transporte privado carecendo de autorización.

10.5.2015; 10.09; A52; 267,0

Art. 141.14 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

OU-02257-O-2014

6603-HSC

Garda Civil 3203 V46236Y

Grúas Autrans, S.L.

B45790037

Calle Diputacion, 12

45940 Valmojado, Toledo

Atenuante-A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

18.11.2014; 12.36; A-52; 150,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros

XC-01148-O-2015

0540-DWZ

Garda Civil 1500 D64627A

Transneusy, S.L.

Polg. Ind. Pocomaco

Parc. E-18, local 4

15190 A Coruña, A Coruña

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

26.12.2014; 19.11; AC-523; 11,17

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

XC-02465-O-2015

6084-BYH

Garda Civil 1503 W04047P

Mudanzas Técnicas Josebas, S.L.

B70044748

Pomar, 103, Urdilde

15911 Rois, A Coruña

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

22.4.2015; 10.05; AP9F; 25,2

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 euros