Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se somete a información pública a solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello de Becerreá.

O Concello de Becerreá (Lugo) presentou o 20 de setembro de 2013 unha solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica.

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, a través da Subdirección Xeral de Planificación e Xestión do Espectro Radioeléctrico da Dirección Xeral de Telecomunicacións, resolveu con data do 7 de abril de 2015 acordar a reserva provisional de frecuencia a favor deste municipio, unha vez que se indicou a súa viabilidade técnica e se cumpriron os requisitos exixidos no artigo 4.b) e c) do Real decreto 1273/1992, do 23 de outubro, polo que se regula o outorgamento de concesións e a asignación de frecuencias para a explotación do servizo público de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia polas corporacións locais.

Segundo o artigo 26 do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, que desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, previamente ao outorgamento da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais é necesario avaliar se o novo servizo se axusta á misión de servizo público e se altera a competencia no mercado audiovisual, co obxecto de que o resto dos prestadores do servizo de comunicación audiovisual radiofónica, do mesmo ámbito de cobertura, formulen as alegacións que consideren convenientes.

RESOLVO:

Someter ao trámite de información pública por un período de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a solicitude do Concello de Becerreá (Lugo) dunha licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica coas seguintes características:

Municipio

Becerreá

FMHz (frecuencia de emisión en megahertzs)

107.4

Lonxitude

007W0942

Latitude

42N5112

Cota (en metros, do centro emisor)

644

HEFX (altura efectiva máxima da antena en metros)

37,5

PRAH (potencia radiada aparente máxima da compoñente horizontal, en quilowatts)

0,025

PRAV (potencia radiada aparente máxima da compoñente vertical, en quilowatts)

0,025

P (polarización da emisión)

Mixta

D (característica de radiación)

Non directiva

Os prestadores do servizo de comunicación audiovisual do mesmo ámbito de cobertura que se consideren afectados poderán presentar as súas alegacións nesta Secretaría Xeral, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar a citada solicitude.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios