Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46387

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO do trámite de información pública da aprobación inicial do Plan especial de protección do predio Altos de Torona.

Por Resolución da Alcaldía do Concello de Tomiño, do día 13 de novembro de 2015, acordouse a aprobación inicial do Plan especial de protección do predio Altos de Torona, na parroquia de Tomiño. O acordo citado estableceu abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes mediante a publicación deste anuncio no DOG e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. O prazo computarase desde a publicación no Diario Oficial de Galicia e durante este poderá ser examinado por calquera persoa interesada, nas dependencias municipais, para formular, de ser o caso, as alegacións pertinentes.

Así mesmo, quedan suspendidas as licenzas no ámbito afectado e definido no plan especial, no que resulte incompatible coa nova ordenación.

Tomiño, 16 de novembro de 2015

Sandra González Álvarez
Alcaldesa