Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no trámite de audiencia en relación co inicio do procedemento de extinción do título administrativo habilitante para a explotación dun parque de cultivo mariño situado na praia de Lordelo, O Grove.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola conselleira do Medio Rural e do Mar (na actualidade conselleira do Mar).

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial de Vigo, situada na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación no BOE.

Vigo, 25 de novembro de 2015

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente de extinción do título administrativo habilitante para a explotación dun parque de cultivo mariño situado en praia de Lordelo, O Grove (Pontevedra).

Interesado: Antonio Domínguez Álvarez.

Enderezo: Rons, nº 5, 36980 O Grove (Pontevedra).

Acto notificado: Resolución do 8 de setembro de 2015, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se acorda o inicio do procedemento de extinción do título administrativo habilitante para a explotación dun parque de cultivo mariño titularidade de Antonio Domínguez Álvarez, situado en praia de Lordelo, O Grove (Pontevedra).