De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia desta cédula queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 12 de novembro de 2015
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-062/14.
Nome: Jaime Mauricio Urrutia Madrid y Andrea Angélica Milner Alcayaga.
Enderezo: A Choupana, nº 13, portal 3, 1º A, 36940 Cangas (Pontevedra).
Asunto: requirimento de pagamento.
Débeda: 3.500,46 €.
Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímolos para o pagamento de 21 recibos de alugamento vencidos por importe de 3.413,55 €, e dous recibos de taxas por auga e lixo por un importe total de 86,91€, relativos á vivenda que teñen adxudicada en réxime de alugamento e correspondentes ao período comprendido entre o 31.12.2011 e o 1.9.2015, ambos os dous incluídos.
Concédeselles un prazo de quince (15) días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial para achegaren os documentos ou xustificacións que xulguen convenientes.
Advertímolos de que, no caso de non atenderen este requirimento, se procederá á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.