Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo non suxeito a regulación harmonizada, relativo á impresión de material gráfico, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 23 de xullo de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: impresión de folletos e outro material gráfico, necesario para o correcto desenvolvemento das súas funcións: asistencia a feiras, atención ás demandas de información por parte de usuarios nas oficinas de turismo, asistencia a actos promocionais e outros labores.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 80.000,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de outubro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 16 de novembro de 2015.

c) Adxudicataria: Gráficas Lasa, S.L.

d) Importe máximo de adxudicación: 80.000,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia