Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto multicriterio, trámite urxente e anticipado de gasto, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de reforma das plantas sexta e sétima para a súa posta en funcionamento e actuacións varias de adaptación á normativa na residencia de maiores de Caranza-Ferrol (A Coruña). Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 80/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma das plantas sexta e sétima para a súa posta en funcionamento e actuacións varias de adaptación á normativa na residencia de maiores de Caranza-Ferrol (A Coruña).

b) Referencia de nomenclatura: CPA: 41.00.3, CPV: 45000000-7.

c) Lugar de execución: Ferrol.

d) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: novecentos cinco mil cento cincuenta e catro euros con oitenta e nove céntimos (905.154,89 €), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (37.403,09 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23727

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación e solvencia: ver punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares. No exterior dos sobres deberá figurar o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1º. Oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

Calquera posible variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.

2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, na data e na hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23727 , con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social