Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se notifica o requirimento de documentación complementaria á solicitude de cualificación e inscrición como centro especial de emprego da entidade Limpiavedra, S.L.U.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren intentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase a emisión de requirimento no procedemento de cualificación e inscrición como centro especial de emprego do centro da entidade Limpiavedra, S.L.U., con domicilio social en rúa Doctor Loureiro Crespo, nº 7-1º andar, oficina 8, 36001 Pontevedra, de acordo co previsto no artigo 71 da referida lei.

A representación legal da entidade poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral de Emprego, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, andar 0, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do requirimento.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste, dándose por desistido na súa petición de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992.

O presente anuncio remitirase, do mesmo xeito, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido da entidade, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego